As condicións de devolución poden variar en época de promoción. Para máis información, podes consultar o apartado “ENVÍOS E DEVOLUCIÓNS” da páxina do produto.
Tes 30 días naturais desde a data da compra para faceres a devolución.
Métodos de devolución:
Nunha tenda: devolucións gratuítas en calquera tenda de España (agás Canarias, tendas Outlet e El Corte Inglés) presentando o albará adxunto no correo electrónico de “pedido en camiño” ou o adhesivo que recibiches no interior do paquete.
Oficinas de correos: devolucións gratuítas en oficinas de Correos.
Se fixeches a túa compra como usuario/a rexistrado/a, accede ao apartado de "DEVOLUCIÓNS" da túa conta e segue os pasos para solicitala.
Se fixeches a compra como convidado/a, para solicitar a devolución terás que acceder á ligazón que recibiches en calquera das mensaxes de correo electrónico relacionadas co teu pedido.
Recibirás o código (L36CXXXXXXXX) e a etiqueta de devolución adxunta por correo electrónico e deberás presentalo todo en calquera oficina de Correos. Tamén podes descargar a etiqueta de devolución no apartado de "DEVOLUCIÓNS".
Podes facer seguimento da túa devolución desde o apartado de "DEVOLUCIÓNS". Lembra que só podes solicitar unha devolución gratuíta por pedido (do produto ou produtos que decidas).
Correo ou mensaxaría privada: neste caso, os gastos xerados polo envío serán asumidos por ti. Para a túa seguridade, recomendámosche utilizar un servizo de envío certificado. Coloca no exterior do paquete o adhesivo que recibiches co teu pedido. Se non dispós do adhesivo, imprime e introduce o albará adxunto no correo electrónico de “pedido en camiño” no paquete e envíao ao seguinte enderezo:
BIMBA Y LOLA
Estrada Peinador - Os Valos, 127
36415 Mos
Pontevedra
Podes facer seguimento da túa devolución desde a páxina web da empresa de transporte que escolleras.
Os gastos de envío abonados no momento da compra non serán reembolsados en caso de devolución total ou parcial.
Os artigos que vaias devolver deben estar nas mesmas condicións en que os recibiches. En cumprimento da normativa vixente de seguridade e saúde, e pola túa propia seguridade, non se aceptarán devolucións de artigos de cosmética, baño e roupa interior se os precintos de seguridade non están intactos.
Para máis información, consulta os termos e condicións da compra.
Tes 30 días naturais desde a data da compra para faceres a devolución.
Métodos de devolución:
Nunha tenda: devolucións gratuítas en calquera tenda de España (agás Canarias, tendas Outlet e El Corte Inglés) presentando o albará ou o adhesivo que recibiches no interior do paquete.
O reembolso realizarase nunha tarxeta aboamento. Tamén che ofrecemos a opción de realizarlle o reembolso á persoa que efectuou a compra co método de pagamento orixinal.
Correo ou mensaxaría privada: neste caso, os gastos xerados polo envío serán asumidos por ti. Para a túa seguridade, recomendámosche utilizar un servizo de envío certificado.
O reembolso realizaráselle á persoa que efectuou a compra co mesmo método de pagamento orixinal.
Coloca no exterior do paquete o adhesivo que recibiches co teu pedido. Se non dispós do adhesivo, introduce no paquete o albará que recibiches co pedido e envíao ao seguinte enderezo:
BIMBA Y LOLA
Estrada Peinador - Os Valos, 127
36415 Mos
Pontevedra
Os artigos que vaias devolver deben estar nas mesmas condicións en que os recibiches. En cumprimento da normativa vixente de seguridade e saúde, e pola túa propia seguridade, non se aceptarán devolucións de artigos de cosmética, baño e roupa interior se os precintos de seguridade non están intactos.
Para máis información, consulta os termos e condicións de compra.
En BIMBA Y LOLA non é posible realizar cambios en liña. Se acodes a unha das nosas tendas a realizar un cambio dun pedido web, debes presentar o albará adxunto na mensaxe de correo electrónico titulada “pedido en camiño” ou o adhesivo que recibiches no interior do paquete para que o persoal da tenda poida tramitar a devolución do teu pedido en forma de Tarxeta Aboamento e poidas trocala polo mesmo produto ou outro nunha das nosas tendas.
Os reembolsos de BIMBA Y LOLA son realizados co método de pagamento orixinal, a non ser que realices a túa devolución nunha tenda e solicites unha tarxeta aboamento BIMBA Y LOLA.
Cando procesemos o teu reembolso, verás reflectido o importe na túa conta bancaria nun prazo máximo de 5 días laborables.