As condicións de devolución poden variar en época de promoción. Para máis información, podes consultar o apartado “ENVÍOS E DEVOLUCIÓNS” da páxina do produto.
Tes 30 días naturais desde a data da compra para faceres a devolución. Prazo de devolución ampliado ata o 12 de xaneiro para tódalas compras realizadas entre o 14 de novembro e o 12 de decembro.
Métodos de devolución:
Nunha tenda: devolucións gratuítas en calquera tenda de España (agás Canarias, tendas Outlet e El Corte Inglés) presentando o albará adxunto no correo electrónico de “pedido en camiño” ou o adhesivo que recibiches no interior do paquete.
Oficinas de correos: devolucións gratuítas en oficinas de Correos.
Se fixeches a túa compra como usuario/a rexistrado/a, accede ao apartado de "DEVOLUCIÓNS" da túa conta e segue os pasos para solicitala.
Se fixeches a compra como convidado/a, para solicitar a devolución terás que acceder á ligazón que recibiches en calquera das mensaxes de correo electrónico relacionadas co teu pedido.
Recibirás o código (L36CXXXXXXXX) e a etiqueta de devolución adxunta por correo electrónico e deberás presentalo todo en calquera oficina de Correos. Tamén podes descargar a etiqueta de devolución no apartado de "DEVOLUCIÓNS".
Podes facer seguimento da túa devolución desde o apartado de "DEVOLUCIÓNS". Lembra que só podes solicitar unha devolución gratuíta por pedido (do produto ou produtos que decidas).
Correo ou mensaxaría privada: neste caso, os gastos xerados polo envío serán asumidos por ti. Para a túa seguridade, recomendámosche utilizar un servizo de envío certificado. Coloca no exterior do paquete o adhesivo que recibiches co teu pedido. Se non dispós do adhesivo, imprime e introduce o albará adxunto no correo electrónico de “pedido en camiño” no paquete e envíao ao seguinte enderezo:
BIMBA Y LOLA
Estrada Peinador - Os Valos, 127
36415 Mos
Pontevedra
Podes facer seguimento da túa devolución desde a páxina web da empresa de transporte que escolleras.
Os artigos que vaias devolver deben estar nas mesmas condicións en que os recibiches. En cumprimento da normativa vixente de seguridade e saúde, e pola túa propia seguridade, non se aceptarán devolucións de artigos de cosmética, baño e roupa interior se os precintos de seguridade non están intactos.
Para máis información, consulta os termos e condicións da compra.
Tes 30 días naturais desde a data da compra para faceres a devolución. Prazo de devolución ampliado ata o 12 de xaneiro para tódalas compras realizadas entre o 14 de novembro e o 12 de decembro.
Métodos de devolución:
Nunha tenda: devolucións gratuítas en calquera tenda de España (agás Canarias, tendas Outlet e El Corte Inglés) presentando o albará ou o adhesivo que recibiches no interior do paquete. Aplicable tamén a produtos da promoción "Outlet Days".
O reembolso realizarase nunha tarxeta aboamento. Tamén che ofrecemos a opción de realizarlle o reembolso á persoa que efectuou a compra co método de pagamento orixinal.
Correo ou mensaxaría privada: neste caso, os gastos xerados polo envío serán asumidos por ti. Para a túa seguridade, recomendámosche utilizar un servizo de envío certificado.
O reembolso realizaráselle á persoa que efectuou a compra co mesmo método de pagamento orixinal.
Coloca no exterior do paquete o adhesivo que recibiches co teu pedido. Se non dispós do adhesivo, introduce no paquete o albará que recibiches co pedido e envíao ao seguinte enderezo:
BIMBA Y LOLA
Estrada Peinador - Os Valos, 127
36415 Mos
Pontevedra
Os artigos que vaias devolver deben estar nas mesmas condicións en que os recibiches. En cumprimento da normativa vixente de seguridade e saúde, e pola túa propia seguridade, non se aceptarán devolucións de artigos de cosmética, baño e roupa interior se os precintos de seguridade non están intactos.
Para máis información, consulta os termos e condicións de compra.
En BIMBA Y LOLA non é posible realizar cambios en liña. Se acodes a unha das nosas tendas a realizar un cambio dun pedido web, debes presentar o albará adxunto na mensaxe de correo electrónico titulada “pedido en camiño” ou o adhesivo que recibiches no interior do paquete para que o persoal da tenda poida tramitar a devolución do teu pedido en forma de Tarxeta Aboamento e poidas trocala polo mesmo produto ou outro nunha das nosas tendas.
Os reembolsos de BIMBA Y LOLA son realizados co método de pagamento orixinal, a non ser que realices a túa devolución nunha tenda e solicites unha tarxeta aboamento BIMBA Y LOLA. Os gastos de envío reembolsaranse para todos os pedidos, agás nos pedidos agasallo que se devolvan nunha tenda mediante tarxeta aboamento.
Cando procesemos o teu reembolso, verás reflectido o importe na túa conta bancaria nun prazo máximo de 5 días laborables.