Podes buscar todas as categorías na web de BIMBA Y LOLA. Para consultar a información relevante dun produto (talle, dispoñibilidade, composición, etc.) só tes que facer clic sobre el.
Selecciona o produto, a cor e o talle (se procede) e engádeo á túa cesta da compra facendo clic en “ENGADIR AO CARRIÑO”. Tamén podes engadir produtos ao teu carriño de maneira máis rápida facendo clic na icona +.
Para realizar a compra accede ao teu carriño e revisa os artigos seleccionados. No importe total da compra tamén se mostrarán os gastos de envío, se os houbese.
Se tes un código de promoción, podes introducilo no campo correspondente na cesta, atendendo ás condicións que se indican co envío do código. En caso de non cumprir condicións, notificarase cunha mensaxe.
Cando finalices a compra recibirás un correo electrónico coa confirmación e a información do teu pedido. Tamén podes acceder aos detalles do pedido desde a túa conta.
Para realizar un pedido como agasallo, accede á túa cesta da compra e selecciona “É un agasallo”.
Enviaremos o teu pedido ao enderezo que indiques, dentro da caixa habitual dos nosos pedidos.
Se queres facer pedidos agasallo para varios destinatarios, deberás facelos un por un, xa que non dividimos as entregas dun único pedido.
Son válidos exclusivamente en http://www.bimbaylola.com e máis na aplicación de BIMBA Y LOLA.
Se tes un código de promoción, podes introducilo no campo correspondente na cesta, atendendo ás condicións que se indican co envío do código. En caso de non cumprir condicións, notificarase cunha mensaxe.
SUBSCRICIÓN NEWSLETTER
Se te subscribes por primeira vez á newsletter, chegarache un código promocional cun desconto do 10%, que é aplicable a todos os produtos (con e sen desconto) agás aos produtos de Outlet e campañas especiais. Non se pode acumular con outros códigos promocionais. Ten unha validez de 2 meses desde a recepción do correo electrónico.
ANIVERSARIO
Rexístrate e subscríbete á newsletter antes do día no que fagas os anos e polo teu aniversario recibirás como agasallo un código promocional cun desconto do 10%, que podes aplicar a todos os produtos (con e sen desconto), agás aos produtos de Outlet e campañas especiais. Este código non se pode acumular con outros códigos promocionais e ten validez durante 1 mes desde a recepción do correo electrónico.
Lembra que debes encher a túa data de nacemento no apartado de información persoal da túa conta.
Crea a túa wishlist facendo clic na icona do corazón que encontrarás na páxina do produto ou seleccionando “ENGADIR Á WISHLIST” desde á túa cesta. Tamén podes engadir produtos que estean temporalmente esgotados ou en coming soon, que se activarán cando volvan estar dispoñibles.
Lembra que, se es usuario rexistrado, tes a opción de compartir a túa wishlist con quen queiras.
Engadir un produto á wishlist non implica que estea reservado.
Como usuario rexistrado, podes solicitar a factura do teu pedido realizado na web de España (Península e Baleares) seleccionando a opción “Pedir factura” no checkout. Podes descargar a factura accedendo á túa conta.
En caso de non solicitares a factura durante o proceso de compra, contacta aquí.