Para rexistrarte en BIMBA Y LOLA fai clic aquí e segue os pasos.
Se xa estás rexistrado en BIMBA Y LOLA, accede introducindo o teu enderezo electrónico e contrasinal.
Poderás modificar os datos persoais do teu perfil (salvo o enderezo electrónico) en calquera momento. O enderezo electrónico non se pode modificar, polo tanto, deberás solicitar a baixa da túa conta escribindo a lopd@bimbaylola.com desde o correo electrónico co que te deches de alta e rexistrar unha nova conta.
Para recuperar o teu contrasinal, fai clic aquí, selecciona a opción “Esqueciches o contrasinal?” e introduce o enderezo electrónico co que te rexistraches.
Enviarémosche un correo electrónico cunha ligazón para que poidas cambiar o contrasinal. Fai clic na ligazón e sigue as instrucións.
Se non recibes resposta nos seguintes minutos, por favor, revisa a túa caixa de correo non desexado. Se tampouco chegou a esta caixa de correo, contacta co noso equipo Customer Service aquí.