CONDICIÓNS LEGAIS

  • 1. INTRODUCIÓN
  • 2. PROPIEDADE DO WEBSITE
  • 3. LIGAZÓNS A CONTIDOS
  • 4. CONDICIÓNS DE USO
  • 5. REQUISITOS PARA A CONDICIÓN DE USUARIO REXISTRADO
  • 6. OBRIGAS DO USUARIO
  • 7. NOTIFICACIÓNS
  • 8. COBERTURA DA OFERTA
  • 9. CONTRATO CON BIMBA Y LOLA E ACEPTACIÓN DE PEDIDOS
  • 10. POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN DE PRODUTOS
  • 11. DISPOÑIBILIDADE DOS PRODUTOS
  • 12. PROCEDEMENTO DE COMPRA
  • 13. ENVÍOS
  • 14. PROBLEMAS NA ENTREGA
  • 15. TRANSMISIÓN DO RISCO E DA PROPIEDADE
  • 16. MOEDA, IMPOSTOS E FORMA DE PAGAMENTO
  • 17. DEVOLUCIÓNS DE PRODUTOS DEFECTUOSOS
  • 18. OPCIÓN AGASALLO
  • 19. LÍMITES DE COMPRA
  • 20. GARANTÍAS E INFORMACIÓN DOS PRODUTOS
  • 21. RESPONSABILIDADE E EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE
  • 22. ACONTECEMENTOS FÓRA DO NOSO CONTROL
  • 23. POLÍTICA DE PRIVACIDADE E COOKIES
  • 24. LEXISLACIÓN APLICABLE

1. INTRODUCIÓN

Convidámolo/a a revisar as Condicións xerais de venda que regulan a oferta e a venda de produtos BIMBA Y LOLA a través da tenda en liña incluída neste sitio web.

Este documento contén as Condicións que regulan o uso deste sitio web aloxado baixo o dominio www.bimbaylola.com, así como calquera outro que no seu momento se puidese determinar e o contrato que nos vincula a nós os dous, Bimba & Lola, S.L., - vostede e nós - (de agora en diante as "Condicións"). Estas Condicións establecen os dereitos e obrigas de todos os usuarios (de agora en diante "vostede"/"seu/súa") e os de BIMBA Y LOLA (de agora en diante "nós" e "noso") en relación coa navegación a través do sitio web, a adquisición da condición de usuario, os dereitos e obrigas asociados a tal condición, así como as transaccións comerciais e a utilización dos servizos que figuran nel.

Ao usar este sitio web vostede queda vinculado a estas Condicións, Política de privacidade e Aviso legal, polo que lle recomendamos que lea atentamente as presentes Condicións. Se vostede non está de acordo con elas deberá abandonar o sitio web.

Estas Condicións poderían ser modificadas en calquera momento, polo que debe de lelas antes de efectuar cada pedido.

odos os produtos que se ofertan en www.bimbaylola.com son vendidos directamente por “Bimba & Lola, S.L.” con domicilio social no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, nave D13, 36315 Vigo, provincia de Pontevedra e co CIF número B-36950970, inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra, tomo 3.056, libro 3.056, folio 218, folla número PO-36941. Agás en Portugal que son vendidos por “Bimba & Lola S.L.U.” co domicilio social en Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, nave D13, 36315 Vigo (Pontevedra) España, NIPC 980332214 VAT Number PT980332214 "Representante: Moet Mos - Textil em Portugal, Unip., Lda. Av. Fontecova - Factory V. do Conde, 400 - Lj 7, Modivas, 4485 592 Modivas (Portugal).

CONTACTO: Para calquera tipo de dúbida, consulta ou suxestión, pode enviarnos os seus comentarios a través do noso formulario de contacto, ou no correo electrónico contacto@bimbaylola.com

2. PROPIEDADE DO WEBSITE

Todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial do dominio web así como dos seus contidos pertencen a BIMBA Y LOLA, polo que ningún usuario está autorizado a facer uso deles, nin imprimilos, nin almacenalos baixo ningún soporte físico en ningún caso que non sexa o da súa utilización persoal e privada, quedando, pois, prohibida a modificación, descompilación ou a utilización comercial de calquera parte desta.

Tan só se autoriza a utilización dos contidos do dominio web con fins informativos e de servizo, sempre que se cite ou se faga referencia á fonte, e o usuario será o único responsable do mal uso destes.

O acceso a esta páxina web non outorga aos usuarios ningún dereito nin titularidade sobre os dereitos de propiedade intelectual ou industrial nin dos contidos que alberga. Os usuarios que accedan a esta páxina web non poderán copiar, modificar, distribuír, transmitir, reproducir, publicar, ceder nin vender os elementos anteriormente mencionados ou crear novos produtos ou servizos derivados da información obtida sen que medie autorización expresa e por escrito de BIMBA Y LOLA.

Queda terminantemente prohibida a alteración do contido ou estrutura desta páxina web por parte do usuario.

BIMBA Y LOLA resérvase a posibilidade de exercer as accións xudiciais que correspondan contra os usuarios que violen ou infrinxan os dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial.

No caso de que o usuario detecte calquera actividade susceptible de vulnerar algún dereito de propiedade intelectual, industrial ou de calquera tipo de dereito, solicitamos que nolo comunique a través do noso formulario de contacto.

A información que aparece no sitio web é a vixente na data da súa última actualización. A empresa resérvase o dereito de modificar os contidos do dominio web sen aviso previo e poderá limitar ou non permitir o acceso a este sitio web.

BIMBA Y LOLA resérvase o dereito a bloquear as ligazóns electrónicas dirixidas ao sitio web que non conten coa autorización expresa con carácter previo.

No caso de que o sitio web conteña ligazóns a contidos titularidade de terceiros, BIMBA Y LOLA non asume ningunha responsabilidade pola información contida en sitios web de terceiros ou pola información contida neles.

BIMBA Y LOLA retirará calquera ligazón en canto teña coñecemento por calquera medio da ilicitude do seu contido ou de que dende estes se lesionan bens ou dereitos dun terceiro.

4. CONDICIÓNS DE USO

Estas condicións foron deseñadas para crear un acordo legalmente vinculante entre vostede e nós, protexendo os seus dereitos como cliente e os nosos dereitos como empresa.

As devanditas condicións regulamentan a oferta, a aceptación de compra e o envío de produtos de BIMBA Y LOLA entre vostedes e nós.

BIMBA Y LOLA ofrece os produtos exclusivamente aos usuarios finais para adquirir mercadorías sen ánimo de revenda.

Enténdese por “usuario final” calquera persoa física ou xurídica que actúa dentro de www.bimbaylola.com con fins distintos dos que lles sexan propios ás actividades comerciais, empresariais ou profesionais que normalmente desenvolva.

BIMBA Y LOLA resérvase o dereito de non atender os encargos realizados por suxeitos que difiran do usuario final. Unicamente poderán adquirir bens e servizos comercializados a través do sitio web aqueles usuarios finais que se rexistrasen nel de conformidade co previsto nas presentes Condicións Xerais.

5. REQUISITOS PARA A CONDICIÓN DE USUARIO REXISTRADO

A adquisición da condición de usuario rexistrado permite navegar a través das zonas de acceso restrinxido que figuren no sitio web, a utilización dos servizos para os que sexa necesaria a identificación previa e a adquisición dos produtos BIMBA Y LOLA que puidesen ofertarse a través del.

Poden adquirir a condición de usuario rexistrado as persoas maiores de idade e con plena capacidade para contratar que subscriban as presentes Condicións Xerais. A adquisición da condición de usuario rexistrado implica a lectura e aceptación expresa e sen ningunha reserva dos termos integrantes das presentes Condicións Xerais que manifesta coñecer antes da súa aceptación, e que este poderá almacenar e reproducir. A alta como usuario é requisito imprescindible para a contratación dos servizos ou a adquisición dos produtos BIMBA Y LOLA a través da súa tenda en liña.

O nome de usuario e o contrasinal xerados, que permitirán ao usuario identificarse e utilizar o servizo, teñen carácter estritamente persoal e confidencial. O usuario será responsable de manter a confidencialidade destes. En consecuencia, o usuario acepta expresamente, agás proba en contrario, que nós presumamos que os usos do servizo realizados utilizando as súas claves de identificación son realizados polo usuario rexistrado, non sendo que este comunicase previamente o extravío ou subtracción destas.

O contrasinal poderá ser modificado libremente polo usuario, a través dos procedementos que establecemos para ese fin. O contrasinal substituído quedará anulado como medio de identificación no mesmo momento en que se xere o novo.

Poderemos bloquear o acceso e utilización da páxina web cando o consideremos necesario por motivos de seguridade. O Servizo quedará bloqueado automaticamente no suposto de que se produzan tres erros sucesivos na consignación das claves de usuario para o seu acceso ou utilización.

Adoptaremos as medidas organizativas e técnicas necesarias nos nosos equipos informáticos para lograr unha axeitada utilización do Servizo polos usuarios e evitar accesos non autorizados cuxo obxecto sexa proceder a revelacións non autorizadas do contido da información financeira do usuario accesible a través do Servizo.

6. OBRIGAS DO USUARIO

O usuario está obrigado a:

a) Comunicar a BIMBA Y LOLA todos os datos necesarios para o acceso e utilización dos servizos que esixan identificación previa que deberán ser veraces, actuais e axustados á realidade. O usuario está obrigado a facilitar de maneira certa e correcta os seus datos persoais (nome, apelidos, enderezo postal, enderezo electrónico e outros datos de contacto) e consente que poderemos facer uso desta información para pórnos en contacto con el/ela se é necesario. Se non nos facilita toda a información non poderemos tramitar o seu pedido. En caso contrario, BIMBA Y LOLA non será responsable en ningún caso de posibles atrasos ou fallos na entrega como consecuencia do erro ou omisión destes datos.
b) O usuario non poderá realizar ningún pedido fraudulento, falso ou especulativo. BIMBA Y LOLA resérvase o dereito de anular o pedido e/ou de informar as autoridades pertinentes sobre unha posible fraude en caso de ter motivos razoables para consideralo como tal.
c) Ao realizar un pedido a este sitio web, vostede garántenos que é maior de 18 anos e que ten capacidade legal para realizar contratos vinculantes.
d) Adoptar as medidas de seguridade necesarias, tanto persoais coma materiais, para manter a confidencialidade do seu nome de usuario e contrasinal, así como notificar inmediatamente a BIMBA Y LOLA a perda, extravío, subtracción, roubo ou acceso ilexítimo do seu nome de usuario, así como o coñecemento destes por terceiras persoas.
e) Facer un uso axeitado dos Servizos incluídos no sitio web, sempre de conformidade co ordenamento xurídico.
f) A non levar a cabo ningunha actividade que dificulte ou interfira no funcionamento dos Servizos, incluídos no sitio web.
g) Ao pagamento dos produtos BIMBA Y LOLA que contratase a través do sitio web e dos gastos de envío e xestión de cobramento, se os houbera.

7. NOTIFICACIÓNS

Parte da información ou comunicacións que lle enviemos serán por escrito, segundo nos esixe a normativa aplicable; polo tanto, ao usar este sitio web vostede acepta que a maior parte das comunicacións connosco sexan electrónicas. Porémonos en contacto con vostede por correo electrónico ou facilitarémoslle información colgando avisos nesta páxina web. Por conseguinte, vostede consente en usar este medio electrónico de comunicación e recoñece que todo contrato, notificación, información e demais comunicacións que lle enviemos de forma electrónica cumpren os requisitos legais de ser por escrito. Esta condición non afectará aos seus dereitos recoñecidos por lei. Poderémoslle enviar comunicacións ben ao enderezo electrónico ou ben ao enderezo postal facilitado por vostede á hora de realizar un pedido. Entenderase que as notificacións foron recibidas e foron correctamente feitas no mesmo instante en que se colguen no noso sitio web, 24 horas despois de que se envíe unha mensaxe electrónica, ou tres días despois da data de franqueo de calquera carta.

8. COBERTURA DA OFERTA

Os produtos BIMBA Y LOLA ofrecidos distribúense exclusivamente nos territorios de Alemaña (agás a illa de Helgoland e a cidade de Büsingen), Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca (agás as Illas Feroe e Grenlandia) Eslovaquia, Eslovenia, España (agás Ceuta e Melilla), Estonia, Finlandia (agás as Illas Aland) Francia (só continental, excluídos os territorios de ultramar), Grecia (agás Monte Athos), Hungría, Irlanda, Italia (agás San Marino, Libigno, Campione e augas italianas do lago Lugano), Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido (agás as Illas do Canal e Xibraltar), República Checa, Romanía e Suecia.

Calquera pedido con enderezo de entrega situado fóra destes países, será rexeitado durante o proceso de solicitude.

9. CONTRATO CON BIMBA Y LOLA E ACEPTACIÓN DE PEDIDOS

O contido do noso sitio web é unha invitación para facer negocios. Ata que o seu pedido non sexa aceptado por nós (aínda que xa se cargase na súa conta) non existirá ningún contrato entre vostede e nós. Se o seu pedido non é aceptado e xa lle fixemos o cargo, o importe seralle reembolsado na súa totalidade.

Despois de facer clic en “comprar” recibirá unha mensaxe electrónica como xustificante de recepción. Isto non implica que o pedido fose aceptado, xa que este é unha oferta que vostede nos fai para realizar unha compra. Os pedidos están suxeitos á nosa comprobación e aceptación. Confirmarémoslle a aceptación enviándolle unha mensaxe electrónica en que lle comunicaremos que o pedido está sendo enviado (Confirmación de envío). Só neste momento quedará formalizado o Contrato entre vostede e nós.

Só os produtos BIMBA Y LOLA relacionados na confirmación de envío serán obxecto de contrato. Non estaremos obrigados a subministrarlle ningún outro produto que puidese ser obxecto de pedido ata que lle confirmemos o envío destes nunha confirmación de envío independente.

O contrato con BIMBA Y LOLA poderase realizar en español ou en inglés a elección do usuario.

BIMBA Y LOLA poderá absterse de cursar pedidos que non presenten suficientes garantías de solvencia, ou que resulten ser incompletos ou incorrectos ou no caso de que os produtos BIMBA Y LOLA non estean dispoñibles, sen responsabilidade cara a vostede nin cara a terceiros. En calquera caso, comprometémonos a comunicarllo e, se xa lle cargamos o importe do pedido, procederemos a reembolsarlle a suma que anticipou.

10. POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN DE PRODUTOS

Vostede poderá desistir do contrato dentro do maior dos seguintes prazos:

a) Dentro dos seguintes trinta (30) días naturais seguintes á data de realización do pedido.

b) Dentro dos catorce (14) días naturais seguintes ao día en que vostede ou un terceiro por vostede indicado, distinto do transportista, adquiriu a posesión material dos bens ou, no caso de que os bens que compoñen o seu pedido se entreguen por separado, aos 14 días naturais seguintes ao día en que vostede ou un terceiro por vostede indicado, distinto do transportista, adquiriu a posesión material do último deses bens.

En caso de desistencia pola súa banda, BIMBA Y LOLA reembolsaralle todo pagamento recibido por vostede, incluídos, se é o caso, os custos de entrega.

Sen prexuízo do anterior, no caso de que vostede seleccionase expresamente unha modalidade de entrega diferente á modalidade menos custosa de entrega ordinaria, BIMBA Y LOLA non lle reembolsará os custos adicionais que diso se deriven.

Se o destinatario dos produtos BIMBA Y LOLA é distinto da persoa que efectuou o pagamento, o reembolso do diñeiro faráselle á persoa que efectuou o pagamento.

No caso de que realizase un pedido composto por máis dun artigo e non desexe devolver todos os artigos do pedido, devolverémoslle unicamente o importe dos artigos que desexe devolver, sen que proceda a devolución total ou parcial dos gastos de entrega relativos ao pedido. Isto é debido a que os gastos de entrega no seu domicilio son fixos e abóanse por pedido realizado, sendo invariables en función do número de pezas de roupa ou artigos que compoñen o pedido.

As devolucións dos produtos poden realizarse:

a) De maneira gratuíta en calquera das nosas tendas (agás, El Corte Inglés e tendas Outlet), sempre e cando estean dentro do mesmo país dende o que se realizou a compra, con exclusión dos territorios das Canarias e de Ceuta. Para compras realizadas dende o territorio das Illas Canarias, de maneira gratuíta en calquera das nosas tendas do territorio canario (agás El Corte Inglés e tendas Outlet).

b) Para España penínsular e as Illas Baleares, de maneira gratuíta a través de Correos solicitando a devolución dende a súa conta. Logo de que indique os artigos que desexa devolver, enviarémoslle unha etiqueta por correo electrónico para que poida entregar os artigos que queira devolver nunha oficina de Correos. Deberá entregar a mercadoría no mesmo paquete que a recibiu.

c) En Portugal e Alemaña, gratuitamente, presentando a etiqueta de devolución que recibiches no interior do paquete en puntos de entrega DHL Parcel.

d) No caso de que non desexe devolver os produtos a través dalgunha das opcións gratuítas dispoñibles, pode realizalo a través de mensaxaría en cuxo caso, vostede será responsable dos custos de devolución. En ningún caso, aceptaremos devolucións enviadas a portes debidos. Non seremos responsables por perdas, atrasos ou envíos a un enderezo erróneo de calquera produto que vostede desexe devolvernos, polo que lle recomendamos que realice o envío por correo certificado ou con xustificante de recepción. Así mesmo, o cliente será responsable de demostrar que os artigos foron devoltos, polo que recomendamos que se envíen sempre por un sistema que certifique a entrega para a súa seguridade.

En caso de devolución por correo ou mensaxaría, vostede deberá enviarnos os produtos BIMBA Y LOLA, xunto co formulario de devolución, ao seguinte enderezo: BIMBA Y LOLA Estrada Peinador - Os Valos, 127, 36415 Mos, Pontevedra, España.

O dereito de desistencia será aplicable sempre e cando os produtos BIMBA Y LOLA se devolvan nas mesmas condicións en que vostede os recibiu, na súa embalaxe orixinal completa, etiquetas e xunto con calquera accesorio relacionado con estes. Para o cambio ou devolución de artigos de bixutería e accesorios é imprescindible que se conserve intacto o precinto de seguridade. Se a súa devolución non cumpre cos termos estipulados, non terá dereito a recibir ningún reembolso de importe e remitirémoslle os produtos BIMBA Y LOLA a portes debidos.

Nós determinaremos se os produtos BIMBA Y LOLA están nas mesmas condicións en que lle foron enviados. Vostede responderá de toda diminución de valor dos produtos que sexa resultante dunha manipulación destes distinta á necesaria para establecer a súa natureza, as súas características ou o seu funcionamento. Os produtos que fosen devoltos danados, incompletos, deteriorados, usados ou sucios por culpa do cliente non serán reembolsados e serán postos a disposición do seu remitente e reenviados a portes debidos.

Calquera que sexa o sistema de pagamento utilizado por vostede, a devolución do importe porase en marcha o máis axiña posible, pero sempre dentro dun prazo de 14 días naturais dende a data en que BIMBA Y LOLA fose informada da decisión de desistencia do contrato polo consumidor. Malia o anterior, BIMBA Y LOLA poderá reter o reembolso ata que reciba os produtos, ou ata que o consumidor presentase unha proba da súa devolución, segundo que condición se cumpra primeiro.

Vostede poderá exercitar o seu dereito de desistencia mediante calquera tipo de declaración inequívoca en que sinale a súa decisión de desistir do contrato.

Exceptúase do que se dispón nos parágrafos precedentes e, polo tanto, non existirá dereito de desistencia nos seguintes casos:

1) A compra de Produtos Personalizados, en que non existirá dereito de desistencia pola súa banda unha vez realizado o pedido. Con esta finalidade, terán a consideración de Produtos Personalizados todos aqueles para cuxa elaboración sexa determinante unha elección ou decisión individual por parte do consumidor e usuario ou este requirise a personalización dalgunhas das súas características ou pezas, tales como, sen carácter exhaustivo nin limitativo, a inclusión ou gravado das iniciais dun nome persoal no produto. Porén, non terán a consideración de produtos personalizados os produtos elaborados segundo opcións estándares ofrecidas por BIMBA Y LOLA ao público en xeral, tales como cor, estampado, talla, etc.
2) Por razóns de saúde e hixiene, na compra de bens precintados, tales como roupa interior e roupa de baño, que fosen desprecintados tras a entrega.

11. DISPOÑIBILIDADE DOS PRODUTOS

Vostede acepta que os produtos que ofrece BIMBA Y LOLA na súa tenda en liña están suxeitos a límites de existencias. Todos os pedidos de produtos BIMBA Y LOLA están suxeitos á dispoñibilidade destes. Se algún produto non estivese dispoñible unha vez realizado o pedido, comunicarémosllo coa maior brevidade posible. Nese momento vostede poderá cancelar o seu pedido.

O prezo dos produtos será o que se estipule en cada momento no noso sitio web.

BIMBA Y LOLA resérvase o dereito de modificar os produtos que se ofrecen no sitio web en calquera momento sen aviso previo. As devanditas modificacións non afectarán, en ningún caso, aos pedidos con respecto aos que xa lle enviamos a Confirmación de Envío.

12. PROCEDEMENTO DE COMPRA

Estableceuse o seguinte procedemento para a compra a través do sitio web de BIMBA E LOLA, que poderá realizarse en español, en inglés, galego ou catalán.

O usuario deberá acceder á tenda en liña aloxada no sitio web de BIMBA Y LOLA onde figuran os produtos BIMBA Y LOLA que se poden adquirir a través da devandita canle coa seguinte información:

a) Descrición do produto, referencia, talla, características, cores, composición e fotografía.
b) Prezo por unidade.
c) Gastos de envío.
d) Condicións de validez da oferta, se é o caso.

Unha vez elixido o produto ou os produtos BIMBA Y LOLA, o usuario deberá engadilos ao carriño incluído no sitio web, indicando as unidades que desexa adquirir. Unha vez incorporados ao carriño da compra os produtos BIMBA Y LOLA elixidos, o usuario poderá acceder ao resumo da compra, que deberá aceptar premendo na tecla comprar, onde se detalla a seguinte información:

a) Produto.
b) Descrición.
c) Engadir a Favoritos.
d) Cantidade.
e) Prezo unidade.
f) Prezo total de cada un dos produtos BIMBA Y LOLA adquiridos.
g) Prezo total da compra.
h) Gastos de envío e política de devolucións.

Se o usuario conta cun código de promoción, este deberá incluírse nese momento para beneficiarse das condicións que resultan da súa aplicación.

A continuación, o usuario deberá facilitar os seus datos. No caso de que se trate dun usuario rexistrado, deberá facilitar o nome de usuario e o contrasinal asignado a este. No caso de que o usuario non se rexistrase con anterioridade, deberá crear unha conta no sitio web.

Unha vez que o usuario introduza os seus datos, accederá a Detalles do envío, onde poderá revisar os seus datos de envío e de facturación, modificalos e solicitar factura (só para España). A continuación, accederá a Confirmación do envío, onde verá os enderezos de envío e facturación deste, a forma de pagamento, se o desexa, poderá elixir a opción de enviar o pedido como agasallo e escribir unha tarxeta con mensaxe, aceptará as Condicións de Compra e procederá á súa aceptación premendo no botón “Comprar”.

Unha vez que se procedeu á Confirmación polo Usuario, enviarase unha mensaxe electrónica conforme recibimos o seu pedido en que se lle indicarán os datos correspondentes á orde de compra cursada. Así mesmo, procederemos a analizar a orde de compra para determinar se esta cumpre con todos os requisitos para a súa tramitación. Unha vez realizada a comprobación, enviarémoslle unha mensaxe electrónica confirmando o pedido e o seu envío ou a denegación deste.

13. ENVÍOS

Os envíos de produtos BIMBA Y LOLA realizámolos a través dunha empresa de mensaxaría. O pedido realizado por vostede seralle entregado nun prazo máximo de 15 días laborables dende que lle fixemos a confirmación do pedido.

Para España (Península e as Baleares) e Portugal o custo do envío será de 3.95 € por cada pedido. Para pedidos dun custo superior a 80 € o envío estándar será gratuíto. O custo do envío expreso sempre será 5.95 €.

Nas Canarias o custo do envío será de 5 € por cada pedido. Para pedidos dun importe superior a 80 € os gastos de envío serán gratuítos.

Unha vez que o pedido saia dos nosos almacéns enviarémoslle unha mensaxe electrónica notificándolle que o seu pedido foi aceptado e está sendo enviado.

Os pedidos serán enviados ao enderezo de entrega que vostede nos deu no seu formulario, polo que é importante que poña atención ao cubrir os datos do enderezo de entrega. Non nos faremos responsables no caso de que o enderezo de entrega sexa incorrecto ou incompleto.

Vostede poderá facer un seguimento do estado do seu pedido a través da zona “A miña conta” dentro do noso sitio web.

Por motivos de seguridade, BIMBA Y LOLA non enviará ningún pedido a apartados de correos nin bases militares, nin aceptará ningún pedido cando non sexa posible identificar o destinatario do pedido e o seu enderezo.

Se elixe como método de pagamento Pay Pal, unha vez realizado o pedido, non está permitido efectuar ningún tipo de cambio no enderezo do envío.

14. PROBLEMAS NA ENTREGA

No caso de que transcorrese o prazo indicado no apartado de Envíos para o método de envío seleccionado por vostede sen que recibise o seu pedido, deberá pór esta circunstancia en coñecemento de BIMBA Y LOLA.

Se nos resulta imposible realizar a entrega, a empresa de mensaxaría volverase a pór en contacto con vostede para acordar unha nova data de entrega. No caso de que nese momento vostede desexe modificar o enderezo e/ou o método de entrega seleccionados inicialmente, os gastos que as devanditas modificacións xeren serán asumidos en todo caso por vostede.

Retornaremos todos aqueles pedidos que, por falta de resposta do cliente, non se poidan entregar nun prazo de quince días naturais dende que a empresa de mensaxaría realiza o primeiro intento.

Unha vez que os pedidos cheguen aos nosos almacéns, procederemos ao reembolso do importe do pedido así como dos gastos de entrega. No caso de que vostede seleccionase expresamente unha modalidade de entrega diferente á modalidade menos custosa de entrega ordinaria, BIMBA Y LOLA non lle reembolsará os custos adicionais que se deriven diso. Así mesmo, os custos de devolución do pedido (gastos de retorno aos nosos almacéns) serán asumidos por vostede.

Cando se lle entregue o seu pedido deberá comprobar que todo está conforme co solicitado. Se existe algunha discrepancia ou problema co pedido deberá pórse en contacto con BIMBA Y LOLA no correo electrónico de contacto deixándonos os seus datos persoais e número de pedido, reflectíndonos a discrepancia ou problema e en breve porémonos en contacto con vostede para solucionar a incidencia.

15. TRANSMISIÓN DO RISCO E DA PROPIEDADE

O usuario adquire a propiedade sobre os produtos BIMBA Y LOLA no momento en que recibe a confirmación de envío e o produto sae dos almacéns. A responsabilidade sobre os produtos BIMBA Y LOLA transmitirase ao usuario no momento en que se produza a entrega do pedido realizado.

16. MOEDA, IMPOSTOS E FORMA DE PAGAMENTO

Os prezos do noso sitio web móstranse en euros para todos os países, con excepción do Reino Unido, para o que figuran en libras.

De acordo coa lexislación vixente, toda compra feita dende o noso sitio web estará suxeita ao imposto sobre o valor engadido (IVE) ou a calquera outro imposto ou taxa de aplicación en virtude do país de destino.

Segundo a normativa española, estamos obrigados a emitir factura para pedidos superiores a 3.000 € (impostos incluídos). En relación con outros destinos, estaremos suxeitos á lexislación vixente neles.

Se vostede é un suxeito pasivo do IVE (empresas, entidades, organizacións...) con residencia na Unión Europea e dotado de NIF intracomunitario, estará exento do pagamento do IVE (non aplicable para vendas realizadas en Portugal), e será condición imprescindible o envío do devandito documento a través do noso formulario de contacto.

Os gastos do envío serán engadidos no resumo da compra, antes de efectuar o pagamento.

Ao entrar na tenda en liña dámoslle a opción de elixir o país dende onde vai realizar a compra para que poidan ver os prezos dos produtos BIMBA Y LOLA segundo o país. Se no momento de realizar a compra, selecciona un país distinto ao que estaba vendo os produtos, os prezos e gastos de envío mostrados no resumo ao final do pedido poden sufrir variacións.

O prezo dos produtos será o que se estipule en cada momento no noso sitio web.

BIMBA Y LOLA resérvase o dereito de modificar os prezos que se mostran no sitio sen aviso previo. As devanditas modificacións non afectarán, en ningún caso, aos pedidos con respecto aos que xa lle enviamos a Confirmación de Envío.

Quedan a salvo os dereitos recoñecidos pola lexislación vixente.

BIMBA Y LOLA acepta pagamentos con tarxeta de crédito ou débito (Visa, Visa Electrón, MasterCard e Maestro) e PayPal.

Para protexer a seguridade no pagamento mediante tarxeta de crédito ou débito, utilizamos sistemas de pagamento seguros. Os datos confidenciais do pagamento son transmitidos directamente e de maneira encriptada (SSL) á entidade financeira. Ao facer o pagamento a través dunha pasarela de pagamento segura, o sistema verificará automaticamente que a tarxeta de crédito está activada para o Comercio Electrónico Seguro. Despois conectará co banco emisor desta, que autorizará a operación.

A devolución será na mesma forma de pagamento.

BIMBA Y LOLA cumpre coa normativa esixida polos distintos métodos de pagamento cos que é posible realizar a compra.

BIMBA Y LOLA resérvase o dereito de comprobar os datos persoais e adoptar as medidas oportunas co fin de que a mercadoría sexa correctamente entregada.

17. DEVOLUCIÓNS DE PRODUTOS DEFECTUOSOS

Se vostede recibe un pedido erróneo ou produto defectuoso, por favor, póñase en contacto connosco de xeito inmediato, nun prazo de 24 horas, no noso formulario de contacto, indicándonos o erro ou defecto xunto cos seus datos persoais. As incidencias xestionaranse dende o mesmo país da compra.

No caso de problemas coa embalaxe, deberá comunicarllo á empresa de mensaxaría no momento da recepción do pedido.

Procederemos a examinar detidamente o produto devolto e comunicarémoslle por correo electrónico, dentro dun prazo razoable, se procede a devolución ou substitución deste (se é o caso). A devolución ou substitución do artigo efectuarase canto antes e, en calquera caso, dentro dos 30 días seguintes á data en que lle enviemos unha mensaxe electrónica confirmando que procede a devolución ou substitución do artigo non conforme.

As cantidades pagas por aqueles produtos que sexan devoltos a causa dalgunha tara ou defecto, cando realmente exista, seranlle reembolsadas integramente, incluídos os gastos do envío incorridos para entregarlle o artigo e os custos en que vostede incorrese para devolvérnolo a nós. A devolución efectuarase da mesma maneira que se utilizou para pagar a compra.

Lembrámoslles que a lexislación aplicable en materia de consumidores e usuarios outorga aos nosos produtos unha garantía legal de 3 anos desde a súa entrega por falta de conformidade.

Quedan a salvo os dereitos recoñecidos pola lexislación vixente.

18. OPCIÓN AGASALLO

Ofrecémoslle a posibilidade de que vostede poida enviar agasallos a través do noso sitio web. Vostede deberá realizar a compra dende o seu ordenador de maneira habitual, seleccionar o enderezo de envío ao que queira enviar o agasallo e marcar a opción de envío para agasallo.Ao seleccionar esta opción, o pedido envolverase de maneira conxunta.

No caso de que facilite datos de carácter persoal de terceiros, garántenos que conta coas autorizacións necesarias para o seu tratamento. Así mesmo, está obrigado/a a informar os devanditos terceiros dos termos e condicións do tratamento dos seus datos.

Se vostede recibiu un artigo de agasallo, para realizar un cambio ou devolución terá que seguir o procedemento habitual da nosa Política de Devolucións. O importe da devolución seralle reembolsado á persoa que realizou a compra e na mesma forma de pagamento utilizada.

19. LÍMITES DE COMPRA

Por motivos de seguridade, vostede non poderá realizar pedidos superiores a 3.000 € ou £2.400 nin que conteñan máis de 30 artigos dentro dun prazo de 15 días. Se vostede está interesado/a en realizar compras superiores ao devandito importe ou cantidade, por favor, póñase en contacto co noso servizo de atención ao cliente a través do noso formulario de contacto.

20. GARANTÍAS E INFORMACIÓN DOS PRODUTOS

Os produtos que presentamos no noso sitio web son unha coidada selección da nosa colección. Puxemos especial coidado en mostrar con gran precisión as cores e características dos nosos produtos. Por suposto, a calibración de cada monitor é diferente e non podemos garantir que o seu monitor visualiza as cores con total exactitude.

21. RESPONSABILIDADE E EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE

Nada nestas condicións de compra exclúe nin limita a nosa responsabilidade por (1) morte ou danos persoais causados pola nosa neglixencia, (2) declaracións fraudulentas, (3) calquera outra responsabilidade que non pode quedar limitada ou excluída pola lei aplicable.

Suxeito ao parágrafo anterior e na medida en que a lei o permita, non seremos responsables das perdas económicas (incluíndo a perda de ingresos, datos, beneficios, contratos, negocios ou aforros previstos) ou perda de boa vontade ou reputación ou de perdas por danos especiais ou indirectos sufridos ou cometidos por vostede que xurdan de ou en conexión con estas Condicións.

O que se dispón neste apartado non afecta aos seus dereitos legais como consumidor nin ao seu dereito de desistir o contrato.

22. ACONTECEMENTOS FÓRA DO NOSO CONTROL

Non seremos responsables por ningún incumprimento ou atraso no cumprimento dalgunha das obrigas que asumamos ao abeiro dun Contrato, cuxa causa se deba a acontecementos que están fóra do noso control razoable ("Causa de Forza Maior").

As Causas de Forza Maior incluirán calquera acto, acontecemento, falta de exercicio, omisión ou accidente que estea fóra do noso control razoable e incluirán en especial (sen limitación) o seguinte:

- Folgas, peches patronais ou outros medidas reivindicativas.
- Conmoción civil, revolta, invasión, ataque terrorista ou ameaza terrorista, guerra (fose declarada ou non) ou ameaza ou preparatorios de guerra.
- Incendio, explosión, tormenta, inundación, terremoto, afundimento, epidemia ou calquera outro desastre natural.
- Imposibilidade de uso de trens, barcos, avións, transportes de motor ou outros medios de transporte, públicos ou privados.
- Imposibilidade de utilizar sistemas públicos ou privados de telecomunicacións.
- Actos, decretos, lexislación, normativa ou restricións doutros gobernos.

Entenderase que a nosa obriga de cumprimento en virtude dalgún Contrato quedará suspendida durante o período en que a Causa de Forza Maior continúe e disporemos dunha ampliación no prazo para cumprir a nosa obriga mentres dure tal período. Poremos todos os medios razoables para que finalice a Causa de Forza Maior ou para atopar unha solución por medio da cal poidamos cumprir as nosas obrigas en virtude do Contrato a pesar da Causa de Forza Maior.

23. POLÍTICA DE PRIVACIDADE E COOKIES

1. RESPONSABLE

Quen é o responsable do tratamento dos seus datos persoais?
Identidade: BIMBA Y LOLA, S.L. (de agora en diante “Bimba & Lola”)
Ender. postal: Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, nave D13 (36315, Vigo, España)
Teléfono: (+34) [900670502]
Enderezo electrónico: lopd@bimbaylola.com

 

2. FINALIDADES

Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
En cumprimento do que se dispón no Regulamento europeo 2016/679 xeral de protección de datos, así como en calquera lei nacional que resulte de aplicación, informámolo/a de que en Bimba & Lola solicitamos os datos que resultan estritamente necesarios para a execución das seguintes finalidades:
(1) Tramitar a súa alta como cliente e xestionar o proceso de compra.
(2) Envío de comunicacións comerciais sobre os produtos de Bimba & Lola (mensaxes electrónicas, chamadas telefónicas, SMS, notificacións PUSH, correo ordinario etc.).
(3) Elaboración de perfís comerciais de acordo coa información obtida de fontes internas e externas, coa finalidade de remitirlle publicidade personalizada e analizar o seu comportamento de compra.
(4) Prevención de abusos e fraudes (actividades fraudulentas, ataques de denegación de servizos, entre outros).
(5) Cesión de datos a organismos e autoridades públicas (administrativas ou xudiciais), sempre e cando sexan requiridos de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias.
(6) Xestión do noso servizo telefónico de atención ao cliente, no que as conversas poderán ser gravadas coa fin de atender as consultas e solicitudes realizadas, así como garantir a súa calidade. Ademais, para a xestión da atención ao cliente e usuarios do noso sitio web a través do noso chat en liña e a través da aplicación Whatsapp, propiedade de Meta Platforms, Inc.

 

3. PRAZO DE CONSERVACIÓN DOS DATOS

Por canto tempo conservaremos os seus datos?
Os teus datos serán conservados mentres dure a relación contractual, sexan necesarios para cumprir coa finalidade para a que foron obtidos, ou solicites a súa supresión, así como o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais.

 

4. LEXITIMACIÓN

Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos persoais?
As bases legais para o tratamento dos seus datos persoais correspondentes a cada unha das finalidades (1) a (5) incluídas no apartado 2 anterior (“Finalidades”) son as seguintes:
Finalidade (1): A execución dun contrato con Bimba & Lola en relación coa compra de produtos.
Finalidade (2): Consentimento expreso outorgado a Bimba & Lola no momento da recollida dos seus datos persoais.
Finalidade (3): Consentimento expreso outorgado a Bimba & Lola no momento da recollida dos seus datos persoais en relación coa elaboración de perfís baseados en fontes externas e a satisfacción dun interese lexítimo perseguido por Bimba & Lola en relación coa elaboración de perfís baseados en fontes internas.
Finalidades (4) e (5): O cumprimento das obrigas legais que resulten de aplicación a Bimba & Lola.
Finalidade (6): (i) A execución dun contrato entre o cliente e Bimba & Lola cando a consulta ou solicitude estea relacionada con produtos adquiridos a Bimba & Lola (estado dun pedido, devolucións, etc...) e (ii) o interese lexítimo de Bimba & Lola en atender e resolver consultas ou solicitudes que non teñan como obxecto compras realizadas a Bimba & Lola.

 

5. DESTINATARIOS

A que destinatarios se comunicarán os seus datos persoais?
Os nosos provedores poderán acceder aos teus datos persoais cando resulte necesario para a correcta prestación dos servizos e execución das finalidades para a que os datos foron obtidos. Neste sentido, poderán acceder aos teus datos persoais:
(i) empresas transportistas e de loxística,
(ii) entidades financeiras, de detección e prevención da fraude,
(iii) provedores de servizos de atención ao cliente,
(iv) prestadores de servizos tecnolóxicos e de analítica,
(v) provedores de publicidade e márketing dixital que, en determinados casos, poderán actuar como corresponsables do tratamento.
Ademais, os teus datos tamén poderán ser cedidos a organismos e autoridades públicas (administrativas ou xudiciais) naqueles casos en que unha norma legal así o estableza.

 

6. DEREITOS

Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos persoais e como pode exercelos?
Ten dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, se é o caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.
En determinadas circunstancias, poderá solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, en cuxo caso unicamente os conservaremos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, poderá oporse ao tratamento dos seus datos. Bimba & Lola deixará de tratar os datos, agás por motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
Así mesmo, pode exercer o dereito á portabilidade dos datos, así como retirar os consentimentos facilitados en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.
Se desexa exercer calquera dos seus dereitos pode dirixirse a nós enviando unha comunicación escrita ao enderezo electrónico lopd@bimbaylola.com ou ben, ao noso enderezo postal Bimba & Lola, S.L., Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, nave D13 (36315, Vigo, España). No caso de que teñamos dúbidas razoables sobre a identidade da persoa solicitante do exercicio de dereitos, poderemos solicitar que se nos achegue unha copia dun documento oficial que a identifique (DNI, carné de conducir ou pasaporte), coa fin de comprobar a identidade da persoa solicitante.
Por último, informámolo/a de que se pode dirixir ante a Axencia Española de Protección de Datos e demais organismos públicos competentes para calquera reclamación derivada do tratamento dos seus datos persoais.

7. POLÍTICA DE COOKIES

Navegación web (cookies)

Unha cookie é un pequeno ficheiro de datos que se almacena no teu ordenador, móbil ou outro dispositivo cando visitas unha páxina web e que contén información sobre a túa navegación web.

Cando mencionamos a palabra “cookies”, tamén facemos referencia a outras tecnoloxías similares ás cookies que, de forma análoga, permiten almacenar determinada información no teu dispositivo.

A web www.bimbaylola.com (de agora en diante “bimbaylola.com”) e a súa aplicación móbil (de agora en diante “app”), titularidade de Bimba & Lola, S.L., utilizan cookies propias e de terceiros para personalizar a túa experiencia de navegación e mellorar os nosos servizos, para fins de análise e para mostrarche publicidade relacionada coas túas preferencias a partir dos teus hábitos de navegación e o teu perfil.

As cookies propias son aquelas que se envían ao ordenador ou dispositivo do usuario desde un equipo ou dominio xestionado por Bimba & Lola, S.L.

As cookies de terceiro son aquelas que se envían ao ordenador ou dispositivo do usuario desde un equipo ou dominio que non é xestionado por Bimba & Lola, S.L., senón por outra entidade que trata os datos obtidos a través das cookies.

A presente Política de Cookies ten por finalidade facilitar información sobre elas para que poidas decidir sobre a súa xestión e utilización.

Cookies estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para que a web e app funcionen, e non se poden desactivar nos nosos sistemas. Normalmente están configuradas para responder a accións feitas por ti para recibir servizos, tales como axustar as túas preferencias de privacidade, iniciar sesión na web e/ou app, ou encher formularios. Podes configurar o teu navegador para bloquear ou alertar a presenza destas cookies, pero algunhas partes da web e app non funcionarán.

Nome Hóspede Tipo Duración
__cq_uuid bimbaylola.com Propia 1 ano
__cq_dnt www.bimbaylola.com Propia 1 día
dwsid www.bimbaylola.com Propia 1 día
_vis_opt_test_cookie bimbaylola.com Propia 1 día
cquid www.bimbaylola.com Propia 1 día
_dc_gtm_UA-xxxxxxxx bimbaylola.com Propia 1 día
cqcid www.bimbaylola.com Propia 1 día
dw_dnt www.bimbaylola.com Propia 1 día
_ga_xxxxxxxxxx bimbaylola.com Propia 1 ano
OptanonConsent bimbaylola.com Propia 1 ano
_gid bimbaylola.com Propia 1 día
dwanonymous_xxxxxxxx www.bimbaylola.com Propia 6 meses
ga bimbaylola.com Propia 2 anos
dwac_XXXXX www.bimbaylola.com Propia 1 día
OptanonAlertBoxClosed bimbaylola.com Propia 1 ano
dispatcher www.bimbaylola.com Propia 1 día
X-Salesforce-CHAT d.la2-c1-cdg.salesforceliveagent.com Propia 1 día
test_cookie doubleclick.net Hóspede 1 día
IDE doubleclick.net Hóspede 1 ano

Cookies dirixidas

Estas cookies poden estar en todo o sitio web e app, colocadas por terceiros. Estes terceiros poden utilizalas para crear un perfil dos teus intereses e mostrarche anuncios relevantes noutros sitios. Se non permites estas cookies, terás menos publicidade dirixida.

Nome Hóspede Tipo Duración
_fbp bimbaylola.com Propia 3 meses
_gcl_au bimbaylola.com Propia 2 meses
_pin_unauth bimbaylola.com Propia 1 ano
_ttp bimbaylola.com Propia 1 ano
_tt_enable_cookie bimbaylola.com Propia 1 ano
sid www.bimbaylola.com Propia 1 día
cee fbapi.bimbaylola.com Propia 2 meses
eupubconsent-v2 bimbaylola.com Propia 1 ano
__cq_seg bimbaylola.com Propia 1 mes
uuid cquotient.com Hóspede 1 ano
ar_debug pinterest.com Hóspede 1 ano
_ttp tiktok.com Hóspede 1 ano

Cookies de rendemento

Estas cookies permítennos contar as visitas e fontes de circulación para poder medir e mellorar o desempeño da nosa web e app. Axúdannos a saber que páxinas son as máis ou menos populares, e ver cantas persoas visitan o sitio. Se non permites estas cookies non saberemos cando visitaches a nosa web e/ou app.

Nome Hóspede Tipo Duración
_vwo_ds bimbaylola.com Propia 3 meses
_vwo_sn bimbaylola.com Propia 1 día
_vwo_uuid_v2 bimbaylola.com Propia 1 ano
_vwo_referrer bimbaylola.com Propia 1 ano
_vwo_uuid bimbaylola.com Propia 10 anos
_vis_opt_s bimbaylola.com Propia 3 meses
BrowserId_sec force.com Hóspede 1 ano
CookieConsentPolicy service.force.com Hóspede 1 ano
BrowserId force.com Hóspede 1 ano
LSKey-c$CookieConsentPolicy service.force.com Hóspede 1 ano

Cookies de funcionalidade

Estas cookies permiten que o sitio ofreza unha mellor funcionalidade e personalización. Poden ser establecidas por nós ou por terceiros cuxos servizos agregamos á nosa web e app. Se non permites estas cookies algúns dos nosos servizos non funcionarán correctamente.

Nome Hóspede Tipo Duración
weird_get_top_level_domain bimbaylola.com Propia 1 día

Transferencia de datos a un terceiro país

Algunhas das cookies de terceiros transfiren os teus datos a países situados fóra da Unión Europea e do Espazo Económico Europeo. Esta transferencia de datos soamente se realizará en países que presenten un nivel axeitado de protección ou onde se establecesen garantías axeitadas para a transferencia de datos, como, por exemplo, mediante as Cláusulas contractuais tipo adaptadas pola Comisión Europea en cumprimento dos artigos 44 a 49 do Regulamento europeo 2016/679 xeral de protección de datos.

Se queres obter máis información acerca das transferencias de datos a terceiros países que realizan os terceiros, podes consultar as súas correspondentes políticas de cookies.

Inhabilitación e eliminación de cookies

Podes inhabilitar determinadas cookies do teu dispositivo visitando en calquera momento a ligazón “CONFIGURAR COOKIES” que se encontra ao final da Política de privacidade.

Tamén podes configurar o teu navegador para bloquealas e, se é o caso, eliminalas. Non obstante, se seleccionas esta configuración, quizais non poidas acceder a determinadas partes de bimbaylola.com ou non poidas dispor dalgún dos servizos de Bimba & Lola. A menos que se axustase a configuración do navegador de xeito que rexeite cookies, o sistema producirá cookies cando te conectes a bimbaylola.com.

Para modificar a configuración do navegador no que fai ao uso de cookies a través do menú “Preferencias”, “Opcións” ou “Ferramentas” (o nome dos menús ou o procedemento para acceder ás opcións de cookies varían dependendo do navegador utilizado). Para máis información sobre como configurar as cookies nos principais navegadores, aconsellamos consultar as seguintes ligazóns:

24. LEXISLACIÓN APLICABLE

O uso da nosa páxina web e os contratos de compra de produtos a través a devandita páxina web rexeranse pola lexislación española.

Calquera controversia que xurda ou garde relación co uso da páxina web ou cos devanditos contratos será sometida á xurisdición non exclusiva dos xulgados e tribunais españois.

Se vostede está contratando como consumidor, nada na presente cláusula afectará aos dereitos que como tal lle recoñece a lexislación vixente.

Informámolo/a da existencia dunha plataforma europea de resolución de litixios en liña á que teñen a posibilidade de acudir os consumidores para a resolución de calquera litixio relacionado coa compra en liña a través de bimbaylola.com. Pode acceder á devandita plataforma a través da seguinte ligazón (https://webgate.ec.europa.eu/odr/). Así mesmo, pode dirixirnos calquera consulta ou reclamación a través do noso formulario de contacto.